A BALSA
Muras
A BALSA
   
A BALSA

IGREXA
XOGOS
ENLACES
CALENDARIO
Teléfonos de Urxencias da Lugo.
imagen
A Balsa é unha parroquia do concello de Muras, na provincia de Lugo.

Conta con 23 lugares(O Aguillal,O Alto,As Bargañas,Bustate,Cabana,Carreiros,Os Carrís,A Casa Lousada,O Cotelo,Currás, Ferreiro,Ferreiros,A Fonqueixeira,Os Orxás, Pardiñas,Os Pereiros,Ponte Bermuz,A Ponte, Rego,Suapena,Taboi,Vilariño)

Limita coas parroquias do Viveiró (concello de Muras), Vilapedre, San Simón da Costa (concello de Vilalba), Montouto (concello de Abadín) e O Cadramón (concello do Valadouro).

Aínda que o seu emprazamento é relativamente remoto, na actualidade a distancia en tempo aos núcleos urbanos próximos coma As Pontes ou Vilalba non excede da media hora en coche.

A economía da parroquia depende en grande parte do sector gandeiro e das pensións de xubilación.

Un sector de recente implantación nesta zona é o da produción de enerxía eólica coas empresas Acciona e Norvento, pero non repercute no emprego da poboación local.

Pertence á serra do Xistral, e toda a parroquia está protexida pola Rede Natura como turbeira.

Na parte balsega da serra, no lugar chamado Camposas de Abaixo, nace o río Eume.

Este río transcorre, despois de pasar por Montouto, polo límite entre A Balsa e San Simón da Costa e Vilapedre.
 
.............ALBUM DE FOTOS.............
.
imagen
_____________________________________________________________
........................................................................................iiiiiiiii
imagen